Category Archives: NOTICIAS

Concerto Santa Icía 2/12/2017

Concerto de Sta. Icía 497x385

O sábado 2 de Decembro de 2017 terá lugar no Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira o tradicional Concerto de Santa Icía as 19:30 horas. Este concerto enmárcase no XXXV aniversario da creación da Banda de Bandeira e nel participarán o Coro Vales Mahía e a Banda de Bandeira. Os actos de celebración da Santa Icía en Bandeira rematarán con unha cea de confraternidade entre todos os membros que forman o colectivo da Asociación Musical Recreativa e Cultural de Bandeira: a

Sinfonía número 5 “The Castles” de Massimiliano Legnaro

CARTEL 1 JPG 497X385

O prestixioso director italiano Massimiliano Legnaro dirixirá á Banda de Bandeira o vindeiro domingo 10 de Setembro de 2017 nun concerto no Auditorio Manuel Dopazo que dará comezo ás 19:30 horas. Este concerto está encadrado dentro do marco do XV Festival de Bandas de Música de Bandeira e os actos de celebración do XXXV aniversario da Banda de Bandeira. Massimiliano Legnaro naceu en Varese (Italia) o 1 de outubro de 1976. Durante a súa formación musical colaborou con artista de

XV Festival de Bandas de Música de Bandeira

CARTEL 2 JPG 497X385

A Banda de Bandeira vai a celebrar o seu XV Festival de Bandas de Música de Bandeira coa participación das Bandas de Ordes que dirixe Manuel Otero Payno e a Banda de Bandeira o vindeiro domingo 10 de Setembro de 2017. Os concertos terán lugar no Auditorio Manuel Dopazo comezando ás 19:30 horas. A Banda de Bandeira, con motivo do seu XXXV aniversario, estará dirixida polo director italiano convidado: Massimiliano Legnaro.

IV Voces en Carboeiro

Cartel 497x385

O Coro Vales Mahía da Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira celebrará seu xa tradicional encontro de Voces en Carboeiro. Terá lugar o vindeiro sábado 20 de maio ás seis e media da tarde no Mosteiro de Carboeiro. Participarán, xunto co Coro Vales Mahía, a Coral Polifónica de Santa Cruz de Rivadulla e a Coral Polifónica de Bueu. Haberá autobuses ata a entrada do Mosteiro dende a parte alta.

V Aniversario Coro Vales Mahía

Cartel V aniversario domingo 9 497X385

O domingo 9 de abril de 2017 terá lugar no Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira o concerto conmemorativo do V Aniversario da creación do Coro Vales Mahía da Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira. Será as seis e media da tarde e participarán nel o Grupo de acordeóns da Escola de Música de Silleda, a Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira e, por suposto o Coro Vales Mahía baixo a dirección da súa directora titular Cristina

Concerto Banda Artística de Merza 12/03/2017

CONCERTO BANDA MERZA 12-03-2017 497X385

A Banda de Música Artística de Merza dará un concerto no Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira o vindeiro domingo 12 de marzo ás 19:30 horas. Neste concerto ofrecerannos o repertorio que van a interpretar no Certame Internacional de Bandas de Música Vila de La Senia en Tarragona, no que participarán o 9 de abril de este ano na súa décimo primeira edición. A Banda Artística de Merza competirá na Primeira Sección do Certame xunto coa Banda de Música del Centro

« Older Entries