Category Archives: NOTICIAS

IV Voces en Carboeiro

Cartel 497x385

O Coro Vales Mahía da Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira celebrará seu xa tradicional encontro de Voces en Carboeiro. Terá lugar o vindeiro sábado 20 de maio ás seis e media da tarde no Mosteiro de Carboeiro. Participarán, xunto co Coro Vales Mahía, a Coral Polifónica de Santa Cruz de Rivadulla e a Coral Polifónica de Bueu. Haberá autobuses ata a entrada do Mosteiro dende a parte alta.

V Aniversario Coro Vales Mahía

Cartel V aniversario domingo 9 497X385

O domingo 9 de abril de 2017 terá lugar no Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira o concerto conmemorativo do V Aniversario da creación do Coro Vales Mahía da Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira. Será as seis e media da tarde e participarán nel o Grupo de acordeóns da Escola de Música de Silleda, a Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira e, por suposto o Coro Vales Mahía baixo a dirección da súa directora titular Cristina

Concerto Banda Artística de Merza 12/03/2017

CONCERTO BANDA MERZA 12-03-2017 497X385

A Banda de Música Artística de Merza dará un concerto no Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira o vindeiro domingo 12 de marzo ás 19:30 horas. Neste concerto ofrecerannos o repertorio que van a interpretar no Certame Internacional de Bandas de Música Vila de La Senia en Tarragona, no que participarán o 9 de abril de este ano na súa décimo primeira edición. A Banda Artística de Merza competirá na Primeira Sección do Certame xunto coa Banda de Música del Centro

Concerto Aninovo – Sábado 7/01/2017

Cartel - 497x385

O vindeiro sábado 7 de Xaneiro de 2017, ás sete e media da tarde, celebrarase no Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira o xa tradicional Concerto de Aninovo. Nesta ocasión partiparán o grupo de teatro Medias Verdes, o grupo de baile tradicional Xirandola, o grupo de baile tradicional Fortín da Pomba, o Coro Vales Mahía e a Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira. Estades todos convidados.

Santa Icía 2016 – 3 de decembro de 2016

cartel sta icía bandeira 497X385

A Banda de Bandeira celebrará a Santa Icía, patroa dos músicos, o vindeiro sábado día 3 de Decembro de 2016 con un gran concerto no Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira, no que aparte da Banda de Bandeira e o Coro Vales Mahía, participarán tamén a Banda de Veteranos e os grupos de baile Fortín da Pomba e Xirandola. Aproveitarase a ocasión para mostrar todos xuntos o bo facer cultural do noso pobo á Delegación francesa do Municipio de Canejan na

Gala ReVolta – 5 de Novembro de 2016

Gala Revolta 497X385

O sábado día 5 de Novembro de 2016 ás 8 da tarde celebrarase no Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira a “Gala ReVolta”, un acto no que, baixo a dirección artística de Juán Collazo, se vai a facer unha representación músico teatral coa que se van a poñer en fucionamento as melloras feitas no Auditorio en canto a equipos de luz e son así como de adaptabilidade do edificio. Participarán os grupos de baile Xirandola e Fortín da Pomba, o grupo

Caxade & Banda de Bandeira – Festival Rio Loco 18/06/2016 – Toulouse – Francia

RIO LOCO 497X385

Unha sección da Banda de Bandeira, xunto cos catro compoñentes do grupo Caxade, actuarán o sábado 18 de Xuño de 2016 no Festival RIO LOCO – “Les mondes Celtes” da cidade francesa de Toulouse, que se celebra á beira do rio Garonne. O concerto será as 9 da noite no escenario principal do Festival (Escenario Pont-Neuf) que este ano chega á súa vixésimo primeira edición. O Festival desenrolarase entre os días 15 e 19 de xuño prevéndose unha asistencia de

III Festival Voces en carboeiro 19/06/2016

CARTEL III VOCES EN CARBOEIRO 497X385

Por terceiro ano consecutivo o Coro Vales Mahía da Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira realizará o seu xa tradicional encontro de Corais “Voces en Carboeiro” o vindeiro domingo día 19 de xuño de 2016 ás 18:30 horas. Nesta terceira edición contarán coa colaboración da Coral Ecos do Ulla de Monterroso e a Coral Polifónica de Berres. O concerto terá lugar no incomparable marco do Mosteiro de Carboeiro do noso Concello.

« Older Entries Recent Entries »