Auditorio Manuel Dopazo

A Banda de Bandeira ten a súa sede no Auditorio Manuel Dopazo da nosa localidade. Este auditorio foi inaugurado o 17 de decembro do ano 2004, convertíndose nun punto de referencia a nivel social e cultural para os veciños de Bandeira e arredores.

Este edificio representativo do pobo de Bandeira foi levantado aproveitando unha anterior estructura que era empleada como zona de xogo de petanca e que fora trasladada á zona onde hoxe se sitúa o Auditorio dende a súa anterior ubicación nos terreos onde se asenta actualmente o Centro Médico do pobo de Bandeira.

Auditorio Manuel DopazoO día 13 de decembro de 2014 celebrouse o X Aniversario do Auditorio Manuel Dopazo con un gran concerto no que participaron os colectivos que desenrolan a súa actividade neste edificio: os grupos de baile Xirandola e Fortín da Pomba, a Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira, a sección de veteranos de dita banda e o Coro Vales Mahía.

auditorio manuel dopazo

As aulas anexas ó Auditorio Manuel Dopazo acollen tamén as clases de música que se imparten pola Aula de Música da Banda de Bandeira.

O nome do Auditorio de Bandiera foi posto na honra de D. Manuel Dopazo Gontade. Nacido o 9 de Maio de 1883 en San Tirso de Manduas, parroquia na que se encadra o pobo de Bandeira, emigrou a Arxentina con 19 anos en 1902.

Está considerado como o mellor gaiterio da súa época, comprendida entre os anos 1908 e 1952, cuarenta e catro anos intensos de música.

Aprendeu a tocar dende moi pequeno, con 7 ou 8 anos, da man de un veciño e de seu pai.

Na Arxentina, unha vez consolidado como gaiteriro de fama, disputábanse a súa presencia e acompañaba ademáis ós mellores coros da época como a Coral do Centro Gallego e o Coro Casa de Galicia, entre outros.

O gran Teatro Colon de Bos Aires foi testigo da súa actividade artística. A gaita de Manuel Dopazo soou neste coliseo da música o 12 de outubro de 1930.

Manuel Dopazo e os seus músicos recorreron toda Arxentina, Brasil e Uruguay.

Dopazo viveu toda a vida da gaita e, ademáis de ser un gaiteiro excepcional, fabricaba gaitas para vender.

Manuel Dopazo soubo ennoblecer co seu arte á gaita galega, orixinal instrumento celta, facéndoa soar nos máis prestixiosos teatros de América.

Manuel Dopazo Gontade

Manuel Dopazo Gontade

Auditorio Manuel Dopazo

Rúa do Deporte, sn

36570 Bandeira Silleda

Pontevedra

Teléfono: 986585838

Horario: de 16.00 a 22.00 horas