V Aniversario Coro Vales Mahía

O domingo 9 de abril de 2017 terá lugar no Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira o concerto conmemorativo do V Aniversario da creación do Coro Vales Mahía da Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira. Será as seis e media da tarde e participarán nel o Grupo de acordeóns da Escola de Música de Silleda, a Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira e, por suposto o Coro Vales Mahía baixo a dirección da súa directora titular Cristina Taboada Espiño.

Cartel V aniversario domingo 9

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *