Sinfonía número 5 “The Castles” de Massimiliano Legnaro

O prestixioso director italiano Massimiliano Legnaro dirixirá á Banda de Bandeira o vindeiro domingo 10 de Setembro de 2017 nun concerto no Auditorio Manuel Dopazo que dará comezo ás 19:30 horas. Este concerto está encadrado dentro do marco do XV Festival de Bandas de Música de Bandeira e os actos de celebración do XXXV aniversario da Banda de Bandeira.

Massimiliano Legnaro naceu en Varese (Italia) o 1 de outubro de 1976. Durante a súa formación musical colaborou con artista de renome internacional: especializouse en saxofón con Mestre Mario Marzi e especializouse en dirección con mestres como Franco Cesarini, Lorenzo Della Fonte e Jan Van der Roost. Desde moi xoven dedicouse á armonía e composición. Actualmente dirixe a Filarmónica Saltriese (Saltrio Varese – Italia), a Civica Filarmónica di Morbio Inferiore (Ticino – Suiza), a banda musical “La Concordia” di Besano y a “Banda Azzurra” de Castronno en Italia. Ten o premio “Al Mérito Cultural” concedido pola cidade de Morbio Inferiore en Suiza.

Baixo a súa batuta a Banda de Bandeira vai a estrear en Galicia a súa Quinta Sinfonía “The Castles” Esta sinfonía conta con tres movementos: cada un dos cales se inspira nun famoso castelo: Neuschwainstein en Alemania, o castelo de Vlad Tepes Drácula en Rumania e o Forte di Bard en Italia.

CARTEL 1 JPG

18339313_10213319037036762_33078748_o

MASSIMILIANO LEGNARO 01

18261318_10213319036996761_1806404078_o

18261678_10213319048517049_1342831930_o

18318310_10213319059437322_2083450827_o

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *