Concerto Santa Icía 2/12/2017

O sábado 2 de Decembro de 2017 terá lugar no Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira o tradicional Concerto de Santa Icía as 19:30 horas.

Este concerto enmárcase no XXXV aniversario da creación da Banda de Bandeira e nel participarán o Coro Vales Mahía e a Banda de Bandeira. Os actos de celebración da Santa Icía en Bandeira rematarán con unha cea de confraternidade entre todos os membros que forman o colectivo da Asociación Musical Recreativa e Cultural de Bandeira: a Banda de Bandeira, o Coro Vales Mahía, a Banda de Veteranos, a Banda Xuvenil e a Banda "Vetenil", xunto coa colaboración da Aula de Música. A cea terá lugar no Restaurante Conde Rey de Bandeira. Estará amenizada por un dúo co que invitamos a todos os veciños a que veñan a participar da nosa celebración esa noite.

Concerto de Sta. Icía

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *