Coro Vales Mahía da B.M.R.C.B.
O coro Vales Mahía da Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira formouse no ano 2010.
Por iniciativa da Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira, en Setembro de 2010, nace o Coro Vales Mahía vindo así a ampliar a oferta musical do pobo con esta sección vocal.
O Coro Vales Mahía está integrado por cerca de cuarenta voces mixtas que se conxuntanron nunha primeira etapa baixo a dirección de Cristina Taboada Espiño. Dende Xuño de 2017 encárgase da dirección do Coro Vales Mahía da B.M.R.C.B. Álvaro Lodeiro Novo.
O nome do Coro é na honra do gran tenor, orixinario da parroquia de Manduas, José Vales Mahía.
O Coro Vales Mahía comenzou a súa andadura dando o seu primeiro concerto de presentación en público o día 28 de xaneiro de 2012 no Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira.
Dende esa data o Coro Vales Mahía leva participado en varios concertos organizados no pobo de Bandeira e noutras vilas dos arredores.
Páxina web do Coro Vales Mahía http://corovalesmahia.bandeira.org/