D. José Villaverde Gómez

Foi o primeiro director da Banda de Bandeira desde os seus inicios alá polo ano 1980 ata o ano 1989.
Natural de Loimil, D. José Villaverde Gómez foi bombardinista na Banda de Orazo e dirixiu as dúas bandas de música do Concello de Silleda.
No caso da Municipal de Silleda foi director nos últimos anos sesenta deixando o cargo en 1968. Posteriormente volvería a asumir a batuta da agrupación no período 1973 a 1977, ano este último no que a agrupación desaparecería durante algún tempo.
Foi en 1980 cando D. José Villaverde Gómez foi encargado da formación e da dirección no nacemento da Banda Recreativa e Cultural de Bandeira na que estivo ó frente ata o ano 1989. Con el a Banda de Bandeira fixo a súa primeira grabación en casette no ano 1985.
O seu bo facer pola Banda de Bandeira foi recoñecido o 28 de Xaneiro de 2012 no estreno do Coro Vales Mahía da Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira, descubríndose unha placa co seu nome no Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira.
D. José Villaverde Gómez faleceu o 8 de Setembro de 2014 ós 83 anos de idade pero a súa memoria permanecerá sempre viva na Banda de Bandeira e no pobo da Bandeira.