D. Luís Alberto González Amosa

gonzalez2008

Dirixeu a Banda de Bandeira dende o ano 1989 ata o ano 2000.

Natural de Merza, realiza os seus estudios superiores de trompeta no Conservatorio Superior de música de Vigo co profesor D. J. Vicente Simeó. Completa a súa formación académica con profesores da talla de Benjamín Moreno, José Ortí, Jim Litleford, Eric Aubier, Bo Nilson e Hakan Hardemberger. Asímesmo asiste a clases de pedagoxía con Ana María Navarrete. No campo da dirección estudia con Marcel Van Bree, Bernardo Adam Ferrero, Rafael Sanz Espert, Henri Adams e Jan Cober.

Formou parte da Orquesta Clásica de Vigo, Banda Sinfónica de Galicia, Banda da Federación Galega e colabora coas Bandas Municipales de Santiago e de A Coruña así como co Centro de Arte Contemporáneo de Santiago de Compostela (actuando como solista) e a Orquesta da Radio Televisión Española. Tamén é trompeta da Orquesta de Ópera de Vigo.

Impartiu clases nos conservatorios de Redondela, Ourense e Pontevedra. Tamén desenrolou a función docente nas Escolas Municipal de Vila de Cruces e Bandeira. Dirixiu a Banda de Música “Recreativa e Cultural de Bandeira” durante once anos e posteriormente a Banda de “Salcedo”. Colaborou como director invitado coas bandas de Ponteledesma e Artística de Merza.

Actualmente é profesor de trompeta no Conservatorio Superior de Música de Vigo e director da Banda Escola de Música de Beade.