XIII Festival de Bandas 4/10/2014



Despóis de escoitar as actuacións de ámbalas dúas bandas de música procedeuse á entrega de un agasallo á banda invitada que recolleu o seu director Braulio Cao Ledo (quen fora director da Banda de Bandeira anteriormente) de mans do presidente da Asociación Musical Recreativa e Cultural de Bandeira Juán Ramiro Agra. Tamén o presidente da Asociación entregou un ramo de flores á conserxe do Auditorio, Mercedes, en agradecemento pola súa colaboración continua. Logo, Beatriz Rodríguez, vocal da Asociación, entregou unha placa de agradecemento pola súa dedicación á banda a un dos músicos da mesma, Antonio Castro. Por suposto, non podía faltar un ramo de flores para a estupenda presentadora do acto, a nosa compañeira Andrea Díaz.
Tamén dende aquí agradecemos a colaboración de José Ramón Salgueiro que fixo toda a reportaxe fotográfica do acto.