D. Braulio Manuel Cao Ledo

Braulio Cao Ledo

Estivo ó frente da Banda de Bandeira dende o ano 2000 ata o ano 2008.

Naceu en Hannover (Alemania) no ano 1977. Ós oito anos de idade comenza os estudios de solfexo e clarinete cos profesores José Casal Balo e Bernardo García del Río na Banda Unión Musical de Ponte Ledesma.

Recibe clase de clarinete dos profesores, Miguel Aguilar, Javier Vidal, Olimpio Carril, Martín Beleirón, Joan Enric Lluna, Pérez Piquer, Lars Wouters e obtén o Título Superior de profesor de clarinete no Conservatorio Superior de Santiago de Compostela. Asimesmo impartiu clases nas escolas de música de Forcarei, Bandeira, Santa Cruz de Rivadulla e Vila de Cruces. Recibiu clases de dirección de banda dos mestres Marcel van Bree, Pascual Vilaplana, Jan Cober e Francisco Navarro Lara, donde obtén con este último a titulación de dirección de banda outorgada pola Royal School de Londres coas máximas calificacións.

Colabora con distintas agrupacións musicáis, as cales abarcan dende a música de cámara ata o eido sinfónico. Nelas cabe destacar: Agrupación Armonía, Banda Sinfónica das Rías Altas, Banda Sinfónica do Deza, Banda Municipal de A Coruña, Banda Sinfónica de Galicia, Banda Filarmónica de Galicia e Xove orquestra da Sinfónica de Galicia.

Foi director da Banda Recreativa e Cultural de Bandeira dende o ano 2000 ata o 2008 obtendo distintos premios nos certames de bandas da Exma. Deputación de Pontevedra así como no Certamen Internacional de bandas Vila de La Senia (Tarragona 2007).

Impartiu cursiños de clarinete en Caldas de Reis e Ourense (este último organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares).

Tamén foi director convidado na Banda Municipal de Pontevedra.

Na actualidade forma parte do cadro de Mestres da Banda Municipal de Santiago, do cuarteto de clarinetes "Claretino" e é o director titular da Banda Municipal de Padrón dende o ano 2008.

cao2007