D. Miguel Rodríguez Barrio

MIGUEL RODRIGUEZ BARRIO

Nace en Merza en 1974 no seo de unha familia de músicos. Comenza os seus estudos musicais na escola de música da Banda Artística de Merza da man de D. Ramón Guzmán e D. Santiago Neva Curtido coma mestre de tuba.

Os 16 anos trasladase a Santiago de Compostela para iniciar os estudos de solfexo e tuba no conservatorio de esta cidade, recibindo clases simultaneamente de D. Carlos Seráns Olveira (tuba da banda municipal compostelán). Logo de rematar os estudios en Santiago trasládase a Madrid por un período de 2 anos nos que estuda con D. Miguel Navarro Carbonell (tuba solista da Orquesta Nacional de España).

Foi profesor nos seguintes centros: Escola de Música de Silleda, Escola de Música de Bandeira, Escola de Música de Merza, Escola de Música da Union Musical de Ponteledesma, Escola de Música de Vila de Cruces, Escola de Música de Sober, Escola de Música de Teo

É fundador dos cursiños de vento realizados en Bandeira durante 5 anos e fundador do festival de metais  de Galicia.

Foi membro activo de distintas agrupacións, entre as que destacamos: Banda municipal de Santiago, Banda Sinfónica de Galicia, Xoven Orquestra de Galicia, quinteto Campos e quinteto Santa Cecilia, Banda sinfónica das Rías Altas, Banda do Deza, Orquestra da Comunidade Galega e Orquestra sinfónica de Galicia, Agrupación Armonia, etc.

Asistiu a diversos cursos con: Miguel Moreno (conservatorio de Madrid), J. Ettenbert (Orquestra Sinfónica de Galicia), Aidy Hergo ( Orquestra Filharmónica de Israel), Pablo Asturiano (Orquestra Cidade de Barcelona), Styf Dumeil (New York Symphony), etc.

Foi director durante 7 anos da Unión Musical de Ponteledesma. Durante o 2005 dirixiu a Banda de Sober e dende o 2005 ata o 2007 a Banda de Música Cultural de Teo. En xaneiro de 2008 ponse ó frente da dirección da Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira.

Estudou dirección con D. Marcel Van Bree e logo realizou diversos cursiños da man de mestres coma; D. Francisco Grau ( Banda Real) e D. Jan Cober (director da Escola Europea de Dirección de Banda, Trento), Pascual Villaplana, Helmun Riling, etc.

Como director conseguiu os seguintes premios: - Primeiro premio no Certame de Pontevedra na Primeira categoría no ano 2001. - Terceiro premio no Certame Galego na Segunda categoría no 2007. - Primeiro premio no Certame de Pontevedra na Primeira categoría no 2008. - Primeiro premio no Certame Comarcal de Lalín na Primeira categoría no 2008. - Primeiro premio no Certame Galego na Primeira categoría no 2008. - Segundo premio no Certame comarcal de Lalín na Primeira Categoría no 2009. - Segundo premio no Certame Galego na Primeira Categoría no 2009. - Segundo premio no Certame Galego na Primeira Categoría 2011. - Segundo premio no Certame Galego na Primeira Categoría 2013.

Dende o ano 2000 é tuba solista, por oposición , da Banda Municipal de A Coruña. Esta ocupación alternouna, dende Xaneiro de 2008 ata Outubro de 2015 coa da dirección da Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira.