X Aniversario Auditorio Manuel Dopazo 13/12/2014
O pasado sábado día 13 de decembro de 2014 celebrouse o X Aniversario da inauguración do Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira con un gran evento, presentado pola actriz galega Uxía Blanco, no que participaron, por esta orde, o grupo de baile Fortín da Pomba, a Sección de Veteranos da Banda de Bandeira, o grupo de baile Xirandola e por último o Coro Vales Mahía e a Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira actuando conxuntamente e dirixidos nesta ocasión pola directora do Coro: Cristina Taboada Espiño.
Foi un gran acto no que ó final do mesmo o Señor Alcalde do Concello de Silleda, D. Manuel Cuiña, fixo entrega de uns detalles conmemorativos do aniversario a todos os grupos que desenrolamos a nosa actividade en dito Auditorio.