D. Jose Lodeiro Gesto

JOSE LODEIRO GESTO-GARABATA ROSA

Jose Lodeiro Gesto, comeza os seus estudios musicais con 17 anos de idade, da man de Daniel Sánchez Barrán (trombón da Banda Municipal de Santiago) e, un ano máis tarde pasaría a formar parte da Banda do Goberno Militar de A Coruña.

Mentres continuaba a súa formación como trombonista no Conservatorio de Música de Santiago de Compostela, perfeccionaba a súa técnica con profesores do talle de : Javier Cés, Enrique Ferrando, Erick Petur, etc.

Unha vez rematados os estudos de Trombón, cursou as materias de Harmonía, Contrapunto e Fuga co compositor e director de orquestra Fernando Vázquez Arias. Tamén estudou Harmonía, Contrapunto e Análise con José Luis Quintáns e ó mesmo tempo cursou as materias de Harmonía moderna e Improvisación no taller de Jazz Estudio Escola de Santiago de Compostela, pasando a formar parte da Big Band do Conservatorio Superior de Música de A Coruña neste mesmo período, formación coa que tivo a honra de acompañar á lenda do jazz Geroge Coleman, nun concerto celebrado no teatro Colón de A Coruña.

Estudou dirección con Marcel van Bree, Jan Cover, Mateo Giovanni Aderi, Norman Milanés Moreno, etc.

No ano 2008 asiste ó I Congreso Internacional de Bandas Vila de Ortigueira.

A partir do curso escolar 2009-2010 comeza os estudos na Escola de Altos Estudos de Dirección de Orquestra e Banda de Huelva, que funciona como unha filial da Royal Schools of Music (formada por catro das máis prestixiosas institucións do ensino musical no Reino Unido). Aquí obtén en decembro de 2012 a Licenciatura Superior con “Distinción” como director de banda.

Na Escola de Altos Estudos de Dirección de Orquestra e Banda de Huelva recibe clases do mestre Francisco Navarro Lara (Profesor Superior en Dirección de Orquestra e Director Titular da Orquestra Sinfónica e da Banda Municipal de Huelva). Dita Escola outorgaríalle o Diploma Superior coa distinción “Cum Laude” en agosto de 2012.

Foi profesor nos seguintes centros: Conservatorio de Música de Melide, Escola de Música Municipal de Santa Comba, Escola e Conservatorio de Música Municipal de Cambados, Conservatorio profesional de Música de Arzúa, Conservatorio Profesional de Música “Xan Viaño” de Ferrol, Escola de Música “Banda Cultural e Recreativa” de As Pontes, Escola de Música “Banda Isabel II de Touro”, Escola de Música da Sociedade Recreativa e Cultural “San Xoán” de Calo e actualmente imparte clases na Escola de Música da Banda de Bandeira.

Como director estivo á fronte de varias agrupacións como a Banda de Música Isabel II de Touro, Banda de Música Castrelo de Cambados, Banda Sinfónica Intercomarcal, Banda de Música Municipal de Melide, a Coral Polifónica de San Miguel dos Agros e a Banda de Música Recreativa e Cultural de As Pontes.

Foi convidado a dirixir varias bandas en toda a xeografía galega e formou parte do profesorado no “X Encontro Internacional de Música Cidade de El Paso” (Santa Cruz de Tenerife), facéndose cargo da materia de Prácticas bandísticas, así como do concerto de clausura de dito encontro coa Banda Municipal de “El Paso”.

A día de hoxe imparte un maxisterio no “Taller de Dirección Bandística” na Escola de Música Municipal de Rábade-Begonte-Outeiro e dirixe a Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira.

D. Jose Lodeiro Gesto estivo ó frente da dirección musical e artística da Banda de Bandeira dende novembro de 2015 ata o 15 de Setembro de 2018.

JOSE LODEIRO GESTOJOSE LODEIRO GESTO-DIRIXINDO

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *