DISCOGRAFIA
A Banda de Bandeira grabou o seu primeiro disco no Auditorio da “Semana Verde de Galicia” en Silleda, baixo a dirección de Luís A. González Amosa. A gravación efectuouse o 31 de xaneiro de 1998 e foi efectuada polo equipo “Equipo de Producción da Radio Galega” con Pablo Barreiro como técnico de son.
Coincidindo co XXX aniversario do primeiro concerto dado en público o día 1 de marzo de 1982, a Banda de Bandeira editou o seu segundo disco no ano 2012. Nel recóllense gravacións dos últimos certames nos que participou.
E tamén coincidindo con esta efeméride, a Banda de Bandeira coa inestimable colaboración de Manuel Otero Payno, editou un DVD titulardo "A Música da Bandeira" no que os veciños do pobo implicados no inicio deste proxecto contan as experiencias vividas ó longo destes 30 anos de historia.
NERVA (PD) de Manuel Rojas. Trompeta solista: Manuel Otero Payno. Grabación 31 Xaneiro 1998