Concerto Presentación Jose Lodeiro Gesto 20/12/2015

O domingo 20 de decembro de 2015 tivo lugar, no Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira, o concerto presentación do novo director da Banda de Bandeira, D. Jose Lodeiro Gesto. Neste concerto fíxose un recoñecemento público ó anterior director da Banda, D. Miguel Rodríguez Barrio, brindándolle un forte e caloroso aplauso en agradecemento a todos os logros acadados con el. A continuación a Banda de Bandeira, dirixida polo novo director, D. Jose Lodeiro Gesto, interpretou un concerto con temas xa tocados pola Banda e novo repertorio.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *