Concerto Santa Icía 3/12/2016
Fotos do Concerto de Santa Icía que se celebrou no Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira o sábado 3 de Decembro de 2016. O acto foi presentado por Antonio Castro e nel participaron os grupos de baile Fortín da Pomba, Xirandola e a Banda de Veteranos. Despóis da actuación de estes fíxose un pequeno homenaxe ó anterior director da Banda de Bandeira, D. Miguel Rodríguez Barrio entregándolle uns agasallos do Coro Vales Mahía e da Banda de Bandeira. A continuación o Alcalde de Silleda D. Manuel Cuiña explicou o motivo da presencia da Delegación francesa do municipio de Canejàn na rexión da Aquitania en Francia presidida polo seu excelentísimo alcalde o Señor Bernard Garrigou, con motivo do irmanamento de ámbalas dúas localidades. O concerto rematou coa actuación da Banda de Bandeira en solitario en principio e a continuación acompañada polo Coro Vales Mahía.
Despois do Concerto a Asociación Musical Recretiva e Cultural de Bandeira celebrou unha cea na que estiveron invitados todos os colectivos da mesma.