I Festival de Bandas 23/09/2001

O 23 de Setembro de 2001 celebrouse en Bandeira o primeiro Festival de Bandas de Música populares de Bandeira. Nel participaron as Bandas de música Municipal de Betanzos, Unión Musical de Ponteledesma e a Banda de Bandeira que, despois de dar un pasarúas polas rúas da vila, ofreceron un concerto na Praza da Feira, actualmente denominada: Praza Juan Salgueiro (antiga praza do Antroido). O acto, presentado por Concepción Otero Montouto e David Rodríguez Quelle (músicos da Banda de Bandeira) rematou con una entrega de agasallos por parte do Alcalde de Silleda José Fernández Vieitez e a interpretación do Hino Galego por parte da Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *