Director do Coro – D. Álvaro Lodeiro Novo

ALVARO LODEIRO - DIRECTOR CORO

Natural de Camanzo (Vila de Cruces), recibe as súas primeiras leccións de Solfeo á curta idade de 5 anos da man de D. José Casal Balo, José López e Enrique López  na Escola da Banda Unión Musical Ponte Ledesma. Posteriormente serán Braulio M. Cao Ledo e Roberto Hermida Rey quen se encarguen da súa formación en solfeo e bombardino-trombón respectivamente, converténdose nos seus grandes mestres e guias musicais.

No ano 2003 comeza os seus estudios de trombón no Conservatorio Profesional de Lalín, onde estudiará con mestres da talla de Marcel van Bree, Matteo Giovanni Aderi, Daniel Portas González, José Luis Vázquez Vidal ou Jorge Villarroya.

Será na Universidade de Santiago de Compostela, onde ademáis de cursar estudios de Maxisterio Especialidade en Educación Musical terá o primeiro contacto co mundo da Música Coral da man de Miro Moreira, Profesor Adxunto de Canto da Universidade Compostelana e Director da Capilla Musical da Catedral de Santiago de Compostela, quen lle impartirá as asignaturas de Educación Vocal e Auditiva e Conxunto Coral ó tempo que  lle fará entender a importancia da relación existente entre a Música Coral e a Interpretación Musical con instrumentos de vento.

Dende o ano 2006 é Mestre de Solfeo, Linguaxe Musical e Trombón na Escola de Música Municipal de Vila de Cruces, desenvolve labores profesionais no sector privado nas empresas familiares ó tempo que cursa Estudios de Producción Musical e exerce como Director da Coral San Salvador de Camanzo. Actualmente, dende xuño de 2017 tamén dirixe o Coro Vales Mahía da Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *