VII Certame Galego 2013
Os días 16 e 17 de novembro de 2013 celebrouse no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela a VII edición do Certame Galego de Bandas de música populares no que a Banda de Bandeira participou na Sección Primeira obtendo o Segundo Premio. En primeiro lugar a Banda de Bandeira interpretou o pasodobre ENRIQUE MELIO do compositor estradense Simón Couceiro Riveira.
A continuación a Banda de Bandeira tocou a obra obrigada: INSOMNIO de Juan Manuel Eiras Tojo. Para rematar, a Banda de Bandeira interpretou a obra de libre elección: SYMPHONY Nº2 THE GOLDEN AGE de Bert Appertmon (Tempos II e IV).