Concerto estrea “Travesía ao alén”/”Mejuto” 16/02/2014
O pasado domingo día 16 de Febreiro de 2014 celebrouse un concerto de presentación de repertorio no Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira ás 6 da tarde. Nel interpretáronse pezas como Pompa e Circunstancia, La Canción del Olvido, Nabucco, Trompeta con Solera e estreouse, con gran éxito, a obra de Manuel Otero Paino: Travesía ao alén.
Tamén se rindeu unha homenaxe a un veterano da Banda de Bandeira e un dos seus fundadores: D. Manuel Mejuto a quen se lle adicou unha muiñeira que leva o seu nome: Mejuto, e que foi composta tamén por Manuel Otero Paino. Ó final do concerto o presidente da Banda de Bandeira, Juan Ramiro Agra, fixo entrega da partitura da muñeira "Mejuto" ó homenaxeado que recibiu un forte aplauso do público presente. Tamén se fixo entrega de un detalle a Manuel Paino polo seu traballo na fermosa obra e muñeira compostas por el.