Tag Archives: Banda de Bandeira

Caxade & Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira

CARTEL CAXADE - BANDA DE BANDEIRA JPG 497X385

O grupo Caxade e a Banda de Bandeira darán un concerto como pre-estrea da xira que van a realizar xuntos, o próximo sábado día 22 de Novembro de 2014 no Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira. A xira de ámbalas dúas formacións en conxunto dará comenzo o vindeiro sábado 6 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra dentro das actividades programadas polo Culturgal (Feira das Industrias Culturais) con un concerto que dará comenzo ás 21:30 horas.

Concerto de Solistas

CONCERTO SOLISTAS PORTADA

O vindeiro sábado 31 de Maio ás 20:30 horas, teremos na Praza da Feira de Bandeira un concerto de solistas acompañados pola Banda de Bandeira. Os solistas serán: – Martiño Mato (saxo tenor) – Manuel Fernández Alén (gaita galega) – Manuel Paino (trompeta) – Juán J. López Rey (bombardino) – Toño Domínguez (saxo barítono) – Samuel Pérez Llobell (trompa alpina) En caso de que estivese mal tempo o concerto trasladaríase ó Auditorio Manuel Dopazo. CARTEL DO CONCERTO DE SOLISTAS 2014

XI Curso de Música de Bandeira

FOTO PRINCIPAL WEB

A Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira organiza o seu Curso de Música que tradicionalmente se celebra nas datas de Semana Santa. Este ano será a súa XI edición e terá lugar os días 14, 15, 16 e 17 de Abril no auditorio Manuel Dopazo da localidade de Bandeira. Nesta edición contará cos seguintes profesores: JORDI ORTEGA – TROMPA PABLO CASTAÑO – JAZZ (calquera instrumento) XOCAS MEIJIDE – CLARINETE / CLARINETE BAIXO JOSE M. REDONDO – TUBA /

II Aniversario do Coro Vales Mahía da B.M.R.C.B.

cartel coro portada

O vindeiro sábado día 22 de marzo de 2014 ás 9 da noite o Coro Vales Mahía celebrará o Concerto do seu Segundo Aniversario no Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira. Acompañarán ó Coro Vales Mahía da B.M.R.C.B. neste Concerto Aniversario a Coral polifónica Padronesa, os Sin Son Ghaiteiros, a Banda de gaitas do Concello de Forcarei e a Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira. Esperamos que disfrutedes todos do Concerto. www.corovalesmahia.com CARTEL CONCERTO II ANIVERSARIO CORO VALES MAHÍA

Concerto Presentación Repertorio

Cartel do concerto

Cartel do Concerto de Presenteación de Repertorio 2014 O vindeiro domingo 16 de Febreiro de 2014 ás 18 horas, a Banda de Bandeira ofrecerá un concerto de presentación do novo repertorio no Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira. Neste concerto farase estrea da obra de Manuel Otero Paino “Travesía ao alén”. Estades todos convidados. Manuel Otero Paino Programa de man do concerto – anverso   Programa de man do concerto – reverso

Director Actual D. Jose Lodeiro Gesto

JOSE LODEIRO GESTO - IMAXEN DESTACADA - 890X599

O actual director da Banda de Bandeira é D. Jose Lodeiro Gesto. Comeza os seus estudios musicais con 17 anos de idade, da man de Daniel Sánchez Barrán (trombón da Banda Municipal de Santiago) e, un ano máis tarde pasaría a formar parte da Banda do Goberno Militar de A Coruña. Mentres continuaba a súa formación como trombonista no Conservatorio de Música de Santiago de Compostela, perfeccionaba a súa técnica con profesores do talle de : Javier Cés (bombardino da

Auditorio Manuel Dopazo

Auditorio Manuel Dopazo

A Banda de Bandeira ten a súa sede no Auditorio Manuel Dopazo da nosa localidade. Este auditorio foi inaugurado o 17 de decembro do ano 2004, convertíndose nun punto de referencia a nivel social e cultural para os veciños de Bandeira e arredores. Este edificio representativo do pobo de Bandeira foi levantado aproveitando unha anterior estructura que era empleada como zona de xogo de petanca e que fora trasladada á zona onde hoxe se sitúa o Auditorio dende a súa

Concerto de Ano Novo

arbol_de_navidad_243361_t02

    A Banda de Bandeira celebrará o Concerto de Aninovo o vindeiro sábado día 4 de Xaneiro de 2014 no Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira. O programa que interpretará estará formado por: Churrumbelerías (pd)…………………………Emilio Cebrián También es Colombia (suite)………………..Alfredo Mejía 1.      Bambuco 2.      Pasillo 3.      Porro Paisa 4.      Joropo Jingle Bells……………………..………………..James Pierpont Adeste Fideles…………………………………………Popular                 (acompañado do Coro Vales Mahía) No concerto de Ano Novo, que dará comenzo ás 19:30 horas, tamén participarán o Coro Vales Mahía e os

« Older Entries