Concerto Aninovo 4/01/2014

Como é tradición dende xa hai uns cantos anos celebrouse o pasado sábado día 4 de Xaneiro de 2014, no Auditorio Manuel Dopazo en Bandeira, un concerto de Aninovo no que actuaron, en primeiro lugar o grupo de baile tradicional Fortín da Pomba, a continuación o grupo de baile tradicional Xirandola, o Coro Vales Mahía da Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira e por último a Banda de Bandeira.

O acto, organizado polo Concello de Silleda e en colaboración con UNICEF, centrouse en recabar o apoio de todos os veciños para axudar os máis necesitados do noso Concello.

Unha gala chea de baile, canto, música e solidariedade.